A ACP pide adicarlle a María «A Cuca» a rúa que une a Subida de Requeixo co Camiño dos Acevedos deixando o Camiño de San Xulián como está.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Escrito presentado no día de hoxe na Casa do Concello

«»Teño coñecemento de que na sesión que vai celebrar no día de hoxe a Comisión Informativa de Asuntos Xerais vaise debater unha proposta do equipo de goberno para que un espazo anexo a un tramo do Camiño de San Xulián (o que se se atopa ao remate desta rúa na intersección coa rúa José Novo Núñez, na N-550) pase a denominarse Praza de María ??A Cuca?.

Como quedei excluído de todas as comisións informativas, prégolle que transmita aos integrantes da comisión que se reúne ás 13:30 horas, o seguinte:

1.Nestes temas de denominación de rúas sempre é desexable a busca dun consenso entre todos os concelleiros. Son cuestións delicadas sobre todo cando as persoas propostas teñen familiares na vila, e resultan inevitables as comparacións e avaliacións de méritos das persoas propostas ou doutras que teñen tamén merecementos. Por iso, non se entenden estas presas con iniciativas dun día para outro sen contar cos integrantes da oposición.

2.Non discute este concelleiro os méritos da ceramista María Magariños ??A Cuca? para ter o nome dunha rúa en Pontecesures. Pero considera que a rúa debe ser unha do lugar de San Xulián que ata o de agora non ten un nome concreto e que foi ampliada e pavimentada hai uns anos. ? a rúa que une a Subida a Requeixo co Camiño dos Acevedos ¿Por que?. Pois porque alí está a casa na que viviu María, alí está o seu obradoiro de traballo e alí era onde os veciños aprezaban as súas pezas de cerámica.

3.O Camiño de San Xulián debe deixarse todo coa denominación actual. Non se pode considerar praza un pequeño espazo de lecer acondicionado en 2007 polo anterior goberno e dotado con mobiliario urbano onde se atopa a fonte denominada popularmente como ??Fonte de Zabala? que tamén foi restaurada na mesma actuación. O espazo está a carón do camiño pero de praza nada de nada, nin aínda que se inclúa o propio camiño coas beirarrúas.

4.Ademáis, como concelleiro e como veciño directamente afectado como titular dunha vivenda da zona, considérase que non procede realizar trocos deste tipo por razóns de nova numeración das vivendas, novas rotulacións, trámites con Estatística, trámites a realizar polos particulares para variar o enderezo na documentación de varios organismos, etc…

Espero que se teña en conta esta proposta na comisión e no acordo a tomar polo pleno ordinario da corporación a celebrar o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 20:30 horas.

Pontecesures, 22/11/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. ROQUE LUIS ARA?JO REY
PRESIDENTE DA COMISI?N DE ASUNTOS XERAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES»»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.