Boa nova: Portos reacciona con urxencia e estanse xa a reparar as deficiencias do alumeado.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na tarde de hoxe, persoal de Montajes Eléctricos Salnés de Vilagarcía de Arousa, encargada por Portos de Galicia para o mantemento dos portos da zona sur, está a substituir as luminarias afundidas no paseo do peirao de Pontecesures e a activar as luminarias dos báculos altos (dende a curva do Telleiro ata o final do peirao na pista paralela a Nestlé). En canto ás farolas baixiñas quedaran operativas a maior parte pois hai que colocar algunha tulipa destrozada antes e o alumeado alto quedará totalmente operativo.

A ACP quere agradecer ao Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia esta actuación tan urxente que demandaba a veciñanza por razóns de seguridade, e tamén quere lamentar a falla de interese do goberno local para que se resolvan estes temas xa que nin con tres concelleiros en exclusiva se fan este tipo de xestións.

Pontecesures, 11/01/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


5 comentarios

Princo · 12-01-2013 a las 01:00

Grazas Sabariz!! As túas peticións alumeannos o camiño!!

Que ben quedabas sen mencionar ao goberno. Que pena, volves fracasar. Tes un problema, non podes falar sen veleno

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-01-2013 a las 15:40

Pues sí, «Princo», es bueno que Portos de Galicia reaccionase con celeridad. ¿La crítica al gobierno local?. Lógica, este tipo de notas de la oposición siempre persiguen, entre otras cosas, expolear al gobierno local para que se esfuerce y se preocupe por los problemas de la villa. Y más con las exclusivas que tienen.

pontecesurex · 13-01-2013 a las 20:37

Non sei como se pode criticar a lavor de Sabariz con este tema, el solo esta facendo a sua lavor de oposicion, e ojala todos a fixeran a mitade de ben do que o fai el.
E eu son dos que non vai votar.

Princo · 16-01-2013 a las 16:17

Esa é a imaxe que pretende dar… e se non te informas antes, da a impresion de que este elemento, fai cousas boas

pontecesurex, recomendoche que afondes un pouco no historial deste concelleiro.
Daraste conta de que este home está inválido para a politica

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-01-2013 a las 19:48

O importante, «Princo», foi que a iluminación, con problemas dende hai meses, arranxouse. Por moito que me chames elemento ou inválido para a política, cumprin, aínda sen estar no goberno nin cobrar exclusivas, coa miña obriga como concelleiro que é interesarme por este tipo de deficiencias que prexudican a todos. Os veciños sacarán as súas conclusións sobre a actuación de cada quen.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.