Arranxado o alumeado da Estación de FF.CC de Pontecesures. A ACP salienta a boa nova.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo da comunicación das deficiencias trasladada esta mañá ao ADIF e á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, xa no día de hoxe persoal dunha empresa de mantenemento encargada pola Administrador Ferroviario procedeu ao arranxo do alumeado tanto coa activación dos cadros avariados como coa substitución das luminarias afundidas nas farolas e no teito da marquesina do edificio.

Sen dúbida é unha boa nova para a veciñanaza e para a ACP que quere potenciar ao máximo o uso do ferrocarril. Ao parecer o alumeado vai estar apagado de 00:30 a 5:00 horas. Entre esas horas da noite, no que non circulan trens de viaxeiros, o alumeado estará desactivado.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.