ACP denuncia a existencia de socavóns no vial do porto de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

socavón na pista de Porto en Pontecesures /

No día de onte envoiouse a Portos de Galicia o seguinte escrito:

«Sr. Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia
PONTEVEDRA

En varias ocasións solicitou este concelleiro que se pavimentasen de novo os 500 primeiros metros desta pista que son os que van dende a ponte interprovincial ata o curva do Telleiro. O deteriorado firme deste tramo ten máis de 15 anos de antigüidade e xa en numerosas ocasións tivo que ser bacheado.

Hai uns meses xa foi criticado que con motivo de facer os pasos de peóns elevados na pista non se botara o novo firme a toda ela e agora ocorre o anunciado pois estanse a abrir perigosos socavóns (como se aprecia na fotografía) que poñen en risco aos automobilistas e que ocasionarán sen dubidas responsabilidades á administración portuaria en caso de danos. Realmente non se entende que teñamos o firme dos pasos de peóns novo e o resto do vial destrozado.

Solicítase unha vez máis que se adopten as medidas oportunas para corrixir con urxencia a deficiencia. Un novo bacheo é imprescindible agora, pero debe contemplarse que dentro de ben pouco se bote unha capa de rodadura nova nos tramos do pavimento deteriorado para solucionar este problema dunha vez todas.

Pontecesures, 03/04/13

O concelleiro da ACP Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.