Persoal do concello comezou cos traballos de apertura de nova porta no polideportivo municipal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

porta pavillón

Os traballos comezaron nestes días. Segundo informou o alcalde no pasado pleno esta nova porta necesítase pola asociación «Mirándolle os Dentes» para posibilitar o acceso rodado ao recinto (materiais, exposicións, etc..) no FEGACLASIC 2013. A custo económico da obra, e do subministro do portalón, será asumido polo concello, informando a alcaldía que o novo acceso será utilizado despois pola institución municipal para diversos usos e funcións no pavillón como, por exemplo, a substitución das luminariaas afundidas no alumeado do recinto, que na actualidade é moi dificultoso.


4 comentarios

chorlito · 27-05-2013 a las 19:18

Esto da porta do pavellón ten chiste. Durante case 30 anos non fixo falta e agora co do automovil hai que poñela. Digo eu que non teran pensado meter os coches dentro, porque si solo van poñer expositores chegabanlle ben as que hai. Outra cousa, todo a cargo do Concello, que ven, ah, e verdade, esquecia que van cobrar dous euros por cabeza, pois e un choio, danlle unha subención, abren portas, e de paso que arranxen as goteiras, que poñan un chan que non resbale cando chova, eu que sei, cousas asi.
Boeno o importante e que eses dias chova para patinar no chaaaaaan do pavillon ou mellor dito para derrapar cos coches antiguos, je je je je je .
Un saudo para ………….. la villa.

Tiroliro II · 27-05-2013 a las 19:22

Un gasto inutil cos cartos de todos, todo polas presions de ferriño a un alcalde que nin aparece polo pobo, vergonzoso gastar nun portal que non fai falta para nada, os pabellons para os deportes, non para estes caprichiños, cesures e os deportistas estan desto dos coches hasta os huevos

o palillo · 28-05-2013 a las 14:02

esperemos que despois desta esposicion que bai haber no pabellon non lle pase nada os rapaces que fan ali calquera clase de deporte ,porque de ser asi teremos que reclamarlle o señor alcalde calquera das lesions que poidan pasar porque con esto dos coches seguro que algo de grasa caera enton o señor alcalde reprocharalle o señor ferriño,outra cousa quen se encargara da limpeza do pabellon? como e normal espero que se encarge os que fan a feira porque recordolle que o persoal de limpeza que ten en plantilla o concello pagamolo todos,e cos tempos que corren non estamos por tirar os cartos a noser que o señor ferriño lle page a esa xente , pero que page ,que todo se sabe.que quede claro.

pulga · 28-05-2013 a las 21:01

Esto non sei si é para reir ou chorar. O outro día no festival infantil había papeles postos nos hinchables que poñian ¡¡No comer ni beber en la pista¡¡ porque ao día seguinte xogaban ó baloncesto e po-lo visto se caía coca-cola ou outra cousa, manchabase a pista para o partido. Moi ben¡¡ E que pasa co aceite dos coches antiguos? Por que algún sempre perde algo. Que pasa co chan da pista? Porque despois da exposición non creo que quede moi axeitada. O pabellon non pode ser para quedar ben cos amiguiños, Sr. Luis. E menos cobrando 2 euros a entrada. A exposición ten que ser noutro sitio. Pero claro temos un alcalde que é xordo cando quere, porque de sobras sabe que a xente está crispada.
Quero recordar que os carnavales foron aplazados porque os coches das carrozas e das comparsas non tiñan como entrar no pabellón. Claro daquela non aparecera o ferriño para que se abrira unha nova porta. Debe de ser o Moises de Cesures. Aparece e abrense as portas no pabellon. Calquer día abre as aguas do Ulla. Sempre soupemos que había moitos favoritismos, pero este é moi descarado. Vayase Sr. Luis, Vayase. Como diria alguen.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.