Entraron a roubar na oficina de seguros «Victorio» de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as catro desta pasada madrugada, dúas persoas, ao parecer encarapuchadas, forzaron a verxa e a porta desta oficina de seguros situada na rúa Otero Acevedo de Pontecesures. Foi avisada a Garda Civil que, logo da inspección ocular, instrúe dilixencias sobre o sustraído e os autores do roubo.

Chamou a atención este roubo ao tratarse dunha zona, a da rúa Otero Acevedo, bastante concorrida esta pasada madrugada pola celebración da primeira das verbenas do San Roque de Porto.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.