Escrito da ACP ao presidente de Portos de Galicia para que se limpe a marxe do río Ulla no porto de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

limpezaporto

Tendo coñecemento polos medios de comunicación da visita que fixo vostede onte ao porto de Pontecesures en relación coas obras de seguridade viaria realizadas por ese ente público mediante a elevación e sinalizacións dos pasos de peóns, solicitolle unha vez máis (gustaríame facelo persoalmente «in situ» onte, pero non fun convidado para estar na súa visita), a limpeza a fondo da marxe do río Ulla do porto de Pontecesures.

Estas marxes están, como se aprecia na fotografía, en estado lamentable dende o punto de vista la limpeza. Con maleza crecida e desperdicios entre a mesma estase a dar unha sensación de abandono moi criticado pola veciñanza dende hai moito tempo. Xa medraron incluso arbustos que están a impedir ás numerosas persoas que circulan polo peirao as vistas do río. Incrible que pase isto nos tempos que vivimos.

Resulta decepcionante que precisamente no punto onde remata a Ruta Xacobea Mar de Arousa/Ulla remontando o río, nun paraxe importante da Rede Natura, nunha zona visitada por turistas e cidadáns en xeral da comarca onde incluso hai actividade deportiva con adestramentos e competicións de piragüismo, e preto dos pantaláns embarcadoiros se descoiden deste xeito as instalacións portuarias.

? unha vergoña que isto siga así no porto fluvial máis representativo do ente público, e solicítase que, con urxencia, sexan limpadas a fondo as marxes do río no porto de Pontecesures e sexa acometida no futuro una actuación (como se anunciou hai tempo) para colocar pedra co correspondente encintado en todo o noiro que vai dende a estrada do peirao ata as augas.

Pontecesures, 23/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.