A ACP non entende o peche da piscina cos días de calor que temos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno local de Pontecesures anunciou que hoxe, 31 de agosto, pecha a piscina municipal situada na rúa Eugenio Escuredo. Resulta moi decepcionante que se peche a instalación, aínda no verano, cos días calurosos que temos con temperaturas de máis de 30 graos. Recortes por todas partes é o que nos presenta o goberno local que considera a piscina como un mero estorbo e a apertura cada verán como un trámite ordinario sen máis.

Este verán estivo aberta menos de dous meses e con isto e coa desorbitada suba de tasas que acordaron en 2012, ditaron, os integrantes do executivo local, unha auténtica sentenza de morte para este servizo. Non hai iniciativas para dinamizar o uso da instalación, non hai ilusión para fomentar a asistencia, non hai cursos de iniciación á natación para os nenos. En fin; a apatía de sempre que é o resumo máís axeitado do labor que está a realizar a equipa gubernamental nos máis de dous anos que leva á fronte do concello.

Pontecesures, 31/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


10 comentarios

javahacks · 1-09-2013 a las 17:17

Señor Sabariz, non é o indicado pra falar de apatia. Fala de falla de ilusión, pero non lle viria mal unha pouca a vostede á hora de intentar redactar en gralego. Xa que é concelleiro, é o minimo esixible. Pra facelo mal, fágao en castelán.r
Out

    javahacks · 1-09-2013 a las 17:21

    Publiquei sen querer e non corrixin.

    Queria dicir, o resto de piscinas tamen cerran o 31 de agosto, como a da Esclavitud. E a poder ser, indiqueme en qué piscinas se ofrecen eses servizos que vostede solicita.
    Creo que esta entrada súa pareceme unha desfeita total.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-09-2013 a las 17:41

A nota é clara, «javahacks». A este goberno que temos a piscina impórtalle ben pouco e bastante xente coincide conmigo nesta opinión.

javahacks · 1-09-2013 a las 20:16

O tránsfuga contestando sempre ao xeito. Sei que asumir os erros non son a túa especialidade, pero seguro que entendiches por donde iba.

Songoku · 3-09-2013 a las 13:40

Este goberno pasa de todo. Importalle ben pouco o pobo. O unico que lle importa a eses señores é o seu soldo. Vergoña deberia darlles.

En resposta a «javahacks» eses servizos dos que Sabariz fala, son servizos que se estuberon dando ata hai un par de anos, pero que agora non se dan.

Antes de criticar hai que informarse. Podese non ser da mesma opinion politica do sr Sabariz, pero na miña opinion creo que é unha persoa que se informa antes de falar

javahacks · 5-09-2013 a las 16:14

O mesmo digo… Antes de criticar, le o que puxen.
Preguntei en qué piscinas da zona dan esos servizos. Non leas o que queres ler.

Tampouco fai falla valorar a liña politica deste home, que xa sabemos todos que é como unha veleta.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-09-2013 a las 19:29

Se consultaras a hemeroteca desta páxina, «javahacks», apreciarías quen é o veleta no tema da piscina.

O día 01/09/10 apareceu esta nota dos medios:

«El PSOE de Pontecesures exige el retraso del cierre de la piscina municipal para el próximo día 15 de septiembre.

La agrupación local del Partido Socialista de Pontecesures exige al tripartito que retrase el cierre de la piscina municipal de la localidad para el próximo día 15 de septiembre. Los socialistas señalan que el gobierno local tiene previsto echar el cierre a las instalaciones mañana mismo, una fecha que ellos consideran demasiado próxima dado que los niños no empiezan las clases hasta el día 10 y la piscina es una actividad de ocio para esta franja de edad.»

Por suposto, que o secretario da agrupación local do PSOE era o que hoxe é concelleiro de Deportes, Roque L. Araújo Rey.

Ben; o mesmo día apareceu estoutra nova do goberno local:

«Resposta á nota dos socialistas cesureños sobre a piscina e o campo de fútbol.

En relación coa nota enviada aos medios de comunicación sobre o funcionamento da piscina municipal, respóstase o seguinte:

1. Xa se infomou onte sobre o número de usuarios e do custo do funcionamento da piscina, durante estes dous meses. Continuar máis tempo, supón un gasto importante nestes intres de crise. Estase a valorar a próroga por uns días, en función das previsións do tempo e a disponibilidad da empresa encargada do servizo.

2. Consideramos bastante exitosa a tempada deste verano na piscina. Moitos usuarios e boa calidade das augas foron a tónica dominante, e non houbo incidencias salientables, tendo en conta que é unha instalación que xa ten os seus anos con problemas na conservación, sobre todo, dos azulexos do vaso. Adoptáronse medidas de mantemento da instalación para dar o mellor servizo posible».

Pero é que o 03/09/10, apareceu a seguinte nota do goberno local:

«O domingo, 5 de setembro, será o último no que abra a piscina de Pontecesures nesta tempada.

En principio estaba previsto que a instalación estivese aberta ata o día 2 de setembro, pero por mor das altas temperaturas, acordamos prorrogar a tempada en tres días, ata o 5 de setembro, inclusive, tendo en conta que para o próximo luns 6 e días seguintes o tempo empeora, segundo as previsións meteorolóxicas.

O goberno local está satisfeito da campaña deste verán na piscina municipal. Houbo bastantes máis usuarios que nos últimos anos.»

Queda claro o xeito de facer as cousas do goberno anterior e o deste que non tivo en conta para nada da queixa que fixemos. Que doado é facer o que fixo o Sr. Araújo, pedir prorrogas, sí, pero cando se goberna a esquecerse e punto. ¿Quen foi o veleta, «javahacks»?

javahacks · 6-09-2013 a las 10:18

Pois non contas nada novo… Se nos acollemos ao tempo que está a facer, está claro que fixeron ben. Non recordo o tempo que fixo daquela, pero estou seguro de que se volveran os 30 graos, entenderia que houbese polémica.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2013 a las 14:07

No 2010 o goberno anterior atendeu a petición e tivo a piscina en funcionamento mentres houbo bo tempo e díronse as correspondentes explicacións en todo momento. Con este goberno, nin caso. Cun calor tremendo a piscina estivo pechada nos primeiros días de setembro. Esta é a gran diferenza. Repito: é moi criticable pedir, cando non se goberna, que este aberta piscina ata o 15 de setembro, e logo cando se goberna pechala o 31 de agosto en días de calor abafante. Isto foi o que fixo o representante socialista no goberno municipal, e queda exposto para que a xente teña esta información e xulgue o sucedido como lle pareza.

catarres · 9-09-2013 a las 14:43

Buenos días, me gustaría saber cuando van a limpiar el regato que discurre entre las casas de puertarrajoy n 5 n7, pues sí ya no hay tiempo de piscina vendrán las lluvias, y tras reiteradas peticiones de limpieza sigue sin efectuarse. ¿Tendremos qué pedir responsabilidades a posteriore? Estarán ocupados en cosas más importante que evitar inundaciones.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.