Incendio en Cortiñas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 18:30 horas, declarouse, hoxe 11 de setembro, un incendio forestal en Cortiñas a carón do río Ulla que foi apagado sobre ás 20 horas. Participaron na extinción un avión e un helicóptero e achegáronse tamén ao lugar varios vehículos contra incendios. Estivo na zona o alcalde de Padrón e a Garda Civil que trataba de recoller datos sobre as causas do lume.

Afectou o incendio a unha zona de monte baixo e a un invernadeiro. O fume alertou aos veciños de Pontecesures e aos da Ponte. Dende o campo da Insua moitas persoas presenciaron a recollida de auga no río por parte dos helicópteros de extinción.


1 comentario

licantropo · 12-09-2013 a las 11:04

señor sabaris bouno correxir non foron dous avions nin dous helicopteros se non un avion que fixo duas pasadas e un helicoptero que fixo varias

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.