Unha exposición achega ao valgueses aos problemas dos países do Sur.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

«Influir no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto» é o nome da exposición que pode visitarse dende onte ata finais de setembor no Auditorio de Cordeiro, promovida polo Concello de Valga e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A través de unha ducia de paneis deseñados por Pepe Carreiro, a exposición pon de relevo o papel dos concellos e das deputacións na cooperación para o desenvolvemento. Á vez, realízase unha viaxe no tempo para repasar anos de traballo deste Fondo Galego, descobrir a súa razón e achegarse aos proxectos desenvolvidos neste período.
Un dos obxectivos é aproximar á cidadanía aos problemas dos países do Sur, o sistema de cooperación internacional e o rol que dentro del poden e deben desenvolver as entidades locais galegas e a súa asociación: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 17/09/13


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.