Os 3 grupos do equipo de goberno de Pontecesures presentan moción de reprobación e piden a dimisión de Luís Sabariz

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Con data do 19 de novembro de 2013 tivo entrada no rexistro xeral do Concello de Pontecesures a seguinte moción:

MOCI?N CONXUNTA DOS GRUPOS B.N.G., P.S.O.E. E TEGA DO CONCELLO DE PONTECESURES SOBRE A REPROBACI?N DO CONCELLEIRO ELECTO DE A.C.P. DON LUÍS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

EXPOSICI?N DE MOTIVOS

Con data 26 de xuño de 1999 no apartado 5.1 do pleno extraordinario noméase como 1º Tenente de Alcalde a Don Luís Ángel Sabariz Rolán e no apartado 5.2 delégaselle ao 1º Tenente de Alcalde a Concellería de Obras, Urbanismo e Servizos.

Con data 14 de outubro de 2000 Don Luís Angel Sabariz Rolán presenta en calidade de promotor unha solicitude de obra maior para a construción de ??Edificio de Viviendas? na finca ubicada no Camiño de San Xulián nº 37 que é informada favorablemente tanto polo arquitecto municipal con data 19 de decembro de 2000, como pola comisión informativa de Obras con data 06 de febreiro de 2001.

Con data 6 de febreiro de 2001 a Comisión de Goberno adopta o seguinte acordo:

??Autorizar a D. Luís Ángel Sabariz Rolán, para construción de edificio destinado a vivendas na finca sita no Camiño de San Xulián nº 37, de conformidade co proxecto redactado polo Arquitecto Dona Luisa García Gil e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data 13/04/2000? onde figura a ??Clasificación Urbanística do Solo: Urbano, Ordenanza 1 Edificación Intensiva? e entre outros requerimentos se lle expresa claramente a obligatoriedade de solicitar a ??licenza de 1ª ocupación? unha vez rematadas as obras.

Cabe constatar que nese momento concedíanse as licenzas en base ás ??normas subsidiarias do ano 1991? nas que claramente pon que hai dous tipos de vivenda:

Categoría 1ª: Vivenda unifamiliar.

Categoría 2ª: Vivenda plurifamiliar.

E segundo as normas subsidiarias do 1991 a unha calificación do solo como Urbano, Ordenanza 1 Intensiva, lle corresponde unha categoría de vivenda 2ª, ou sexa, vivenda plurifamiliar.

Nesta lexislatura, A Concellería de Obras estivo consultando os expedientes das obras de vivendas plurifamiliares xa rematadas que non solicitaran no seu día a licenza de 1ª ocupación, atopando ??con gran sorpresa? que a única vivenda plurifamiliar rematada que non solicitou no seu día a licenza de 1ª ocupación é o promotor Don Luís Ángel Sabariz Rolán, actual concelleiro electo por A.C.P. e casualmente Concelleiro de Obras, Urbanismo e Servizos na época na que se pide a licenza da obra.

Por iste motivo, con data 4 de febreiro de 2013, o Alcalde requírelle ó Sr. Sabariz que solicite a correspondente licenza de 1ª ocupación nun prazo de 10 días hábiles como tamén concédeselle audiencia co mesmo prazo para que faga as alegacións que estime oportunas.

Con data 6  de febreiro de 2013, o Sr. Sabariz presenta a seguinte alegación:

??Que en relación co escrito recibido no día de onte con nº de saida 157/2013 desexo manifestar que a edificación leva rematada máis de sete anos e xa non procede esixir a solicitude de licenza de 1ª ocupación. Xúntase certificación acreditativa?, polo que solicita: ??que sexa incorporada a presente, aos efectos oportunos, ao expediente en cuestión?.

Vista a alegación do Sr Sabariz, o técnico municipal fai un informe técnico coas seguintes conclusións:

??A obra para a que o interesado conta con licenza concedida con data 06.02.2001 se atopa rematada, de acordo co certificado asinado pola directora a obra, con data 29.11.2005.?

Non constan no expediente datos para constatar se a edificación se axusta á prevista na licenza concedida. Porén, toda vez que xa transcorreron máis de 6 anos desde a finalización das obras, aínda que non se axustase á licenza, non procede incoar expediente de reposición da legalidade urbanística, de acordo co establecido no artigo 210 da LOUGA.

No mesmo sentido, e polo mesmo motivo, tampouco procede incoar expediente de reposición da legalidade nin expediente sancionador por terse realizado a primeira utilización da edificación sen tramitar a preceptiva licenza de primeira ocupación.?

Os feitos indican que o promotor da obra, como concelleiro de urbanismo, era coñecedor que nesa parcela non podía facer unha vivenda unifamiliar e empregou a estratexia de pedir a construción dun ??Edificio de vivendas? e non solicitou a 1ª ocupación xa que de facelo demostraríase que fixo unha vivenda unifamiliar e non un edificio de vivendas.

Visto todo isto, enfróntamonos a unha infracción urbanística ó entrar a vivir sen a correspondente licenza de 1ª ocupación, e que si urbanísticamente non se pode actuar contra ela é porque xa prescribiu. Agora ben,  as responsabilidades políticas non prescriben, e o que si queda claro que a día de hoxe o Sr. Sabariz usou o seu cargo político para cometer unha infracción urbanística, atopándose a súa casa en situación ilegal e fora de ordenación.

As infraccións poden prescribir pero sempre serán infraccións.

Un concelleiro debe servir á cidadanía, e non servirse do seu cargo en beneficio propio. E agora observamos como o Sr. Sabariz, ??o gran valedor da legalidade en materia urbanística no Concello de Pontecesures?, aproveitou o exercicio das súas funcións municipais para beneficiarse persoalmente.

Feitos como os descritos, sáltanse todas as normas da ética política e o respeto á legalidade á hora de desempeñar a labor de concelleiro, en tanto antepoñen os intereses urbanísticos particulares ós do ben común, polo que consideramos que é indigno de ostentar o cargo que ocupa.

Consideramos absolutamente grave e inadmisible que un edil de urbanismo, que durante a súa traxectoria política se sirva do seu cargo para privilexiarse no trámite das obras na súa propia casa.

Un representante público non pode actuar coa prepotencia e o desprezo cara á veciñanza, esixíndolle o estrito cumprimento da normativa urbanística, e ter o cinismo de esixir ós demais o que él non cumpre.

Vostede non pode exercer de voceiro de nada cando está dando o peor dos exemplos.

Por todo o anteriormente exposto solicitamos:

1)      Que sexa reprobada a actitude do Concelleiro da A.C.P. Don Luís Ángel Sabariz Rolán por esta Corporación.

2)      Pedirlle ó Sr Sabariz que por dignidade ética e política dimita e entregue a súa acta de Concelleiro.

Pontecesures, 14 de novembro de 2013.

 Portavoz  B.N.G. Pontecesures

Portavoz  P.S.O.E. de Pontecesures

Portavoz TEGA

 


5 comentarios

javahacks · 19-11-2013 a las 19:16

¿ E cal é a novidade? Que se espera xa de un tránsfuga, hipócrita e demagóxico? Ben pensado, agora tamén se lle pode engadir o de corrupto.

lampreadoulla · 19-11-2013 a las 20:28

Estaredes contentos, ¡¡¡¡ Sabariz cometeu unha irregularidade!!!!, vamos a queimalo na fogueira, como se nota que non tendes que facer, non sabedes como votalo fora para que non sigua falando, que pouca vergonza.
Alguén me pode dicir quen era alcalde en ese momento.

DiscipuloII · 19-11-2013 a las 21:11

Por favor ¡¡ axiña !! Quén era Alcalde naquel momento?

acorazado · 20-11-2013 a las 11:10

Vamos a ver, que quede claro que o que fixo Sabariz non está ben feito, pero por si non o sabedes isto pasa en tódolos Concellos, o que pasa e que uns colan e outros non. Por certo, acórdalle ao goberno de mirar agora, e logo que fixeron ata hoxe. Sempre pasará o mesmo si tes amigos tira pa diante e despois cando cambia o goberno volta a tortilla. Si nos puxéramos a mirar o noso alrededor o que hai feito por ahí, a mitade de Cesures e alrededores estarian nas mans da conselleria de urbanismo.

lampreadoulla · 20-11-2013 a las 18:08

Como nadie me contestou, xa me enterei que no momento dos feitos o alcalde era a Ilm. Sr. D. Angueira, ahhhhh, cando estabades unidos con Sabariz non habia infracción urbanistica, e agora que vos toca a moral actua con ¨prepotencia e desprezo a veciñanza¨, esto e para mexar e non votar gota.¿ Onde esta agora a vosa dignidade ética?. Vos si que despreciades os veciños ca pouca vergonza que tendes.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.