Outro recorte máis en Pontecesures: a biblioteca pechada.

Publicado por Redacción en

Dende o día de onte e por mor da baixa por enfermidade da súa encargada, permanece pechada a biblioteca municipal de Pontecesures. O goberno local non buscou solución algunha para a substitución desta traballadora mentres estea de baixa médica e agora neste período de Nadal temos a instalación pechada prexudicando aos usuarios deste servizo.

Que non nos veñan dende o executivo dicindo que o problema son os límites establecidos pola normativa estatal para contratar persoal temporal. ? certo que os hai, pero non para cubrir necesidades urxentes e inaprazables nos sectores e funcións que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Obviamente corresponde ao concello decidir as necesidades urxentes e inaprazables prioritarias, pero unha delas debe ser contratar a un traballador/a por uns días, mentres estea de baixa médica a titular, para que a biblioteca municipal non peche. Moito fala o goberno local da defensa da educación e da cultura pero logo adopta este tipo de medidas que non se entenden. Están sempre criticando ás outras administracións polos recortes e aquí en Pontecesures estes recortes están a ser continuos nesta lexislatura.

Dende ACP pregamos ao executivo local que recapacite e que adopte as medidas oportunas para que a biblioteca municipal non continúe pechada.

Pontecesures, 17/12/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


2 comentarios

caldense · 9-01-2014 a las 22:53

A dia de hoxe, sigue cerrada a biblioteca. Esto solo pasa en Pontecesures.
Cando haxa eleccions xa viran pedir o voto, tanto uns coma outros.
pufffffffffffffffffffffffffff

Cara de cona · 11-01-2014 a las 17:04

Coxea a cacharra da biblio……baixa e baston………que manden a alguen para ali…….por favor….tanta xente no paro……abaixo a ludoteca….arriba a bilioteca…jo…jo..jo…..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.