A iluminación dos andéns da estación de Pontecesures volveu a dar problemas.

Publicado por Redacción en

Logo de repararse a avaría que deixou sen luz os andéns e a marquesina os días 1 e 2 de xaneiro,  os días 5, 6, e 7 de xaneiro quedou outra vez inoperativo o alumeado coas conseguintes queixas dos usuarios do ferrocarril que teñen que estar a escuras na espera do tren.

Pois ben; no día de hoxe, tras denunciar a situación esta agrupación,  reparouse de novo a deficiencia, pero dende a ACP solicitamos ao ADIF que se substitúa con urxencia o cadro eléctrico antigo da fachada do edificio da estación. Do contrario vai haber avarías a miúdo pois o cadro actual presenta moitas deficiencias.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.