O EXTRUGASA RIO ULLA CADETE FEMININO CAMPIÃ?N DA LIGA AROUSANA 2013-14

Publicado por fru en

IMG_3279 (Copiar)Este pasado domingo o equipo poido celebrar diante do seu público o título de liga conseguido matemáticamente a xornada anterior, cando inda faltaban 2 encontros, logo de gañar no Grove.

Así, este día o equipo saltaba a disputar o encontro da penultima xornada xa co título de campeonas arousanas cadetes; o que lle dará dereito a pelexar por unha praza na liga galega 2014-15, nunha fase de ascenso que se xogará no vindeiro mes de maio.

IMG_3234 (Copiar)O equipo Cadete femenino 2013-14 campeon de liga está formado por:

Adestradora: Noelia Garcia
8.- Antia Sanmarco
17 .- Antia Dominguez
15 Antia Varela
21.- Sara Rey
11.- Candela Lafuente

14.- Alba Barreiro
20.- Blanca Quintela
18.- Iria García
4.- Sofia Raris

31.- Maria Navarro

IMG_3238 (Copiar) IMG_3240 (Copiar) IMG_3242 (Copiar)Antes de disputar o encontro, as rapazas do equipo infantil do club, que acababan de disputar o seu partido de liga, as homenaxearon co «pasillo» coma campionas.

Destacar o comportamento equipo do rival este día, o equipo Cadete do Cortegada, que se sumou a este pasillo nun xesto de  enorme deportividade, moi aplaudido pola afición cesureña.

IMG_3248 (Copiar)Ambos equipos posaron xuntos antes de empezar este encontro.

IMG_3268 (Copiar)O partido estivo entretido, inda que finalmente gañou o Rio Ulla por 68 a 46, nunha nova exhibición de bo xogo.

IMG_3277 (Copiar)E ó rematar o encontro empezaba a festa de celebración, con tarta incluída.

IMG_3289 (Copiar)A directiva do club; Andrés Quintá, patrocinador; e membros da corporación cesureña fixeronse a foto acompañando ás campionas.

IMG_3317 (Copiar)Correspondeulle a Noelia, coma responsable última deste título ligueiro, facer os honores de cortar a tarta das campionas.

IMG_3320 (Copiar)

IMG_3321 (Copiar)

IMG_3319 (Copiar)Tarta que foi saboreada polas xogadoras, adestradores, directiva, pais e público que nos acompañou nesta festa.

¡¡¡ PARABENS CAMPIONAS !!!


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.