«Os veciños danme ánimos para seguir traballando».

Publicado por Redacción en

alcp

Días despois da saída do goberno de Padrón do Partido Galeguista Demócrata, tras romper este o pacto co PP, o alcalde, Antonio Fernández Angueira, segue para adiante con traballo e dedicación e cos ánimos que lle dan os veciños pola rúa.

Días despois da ruptura do pacto de goberno por parte do PGD, ¿qué conclusión saca?

-Que cada un ten que ser consecuente cos seus actos. A nosa actuación no goberno foi e será responsable e seria.

– ¿Qué lle din os veciños na rúa?

-Que non lles sorprende o acontecido e me transmiten ánimos para continuar traballando.

– Declarouse sorprendido pola ruptura, ¿non había nada que lle fixera prever o sucedido?

-En todas as formacións existen diferentes posturas sobre un mesmo tema, que se valoran con madurez para adoptar acordos. O que non esperaba era que transmitisen o seu abandono irrevogable por parte dun único concelleiro ao finalizar unha comisión de coordinación. Xa era algo que tiñan decidido e non deron lugar a diálogo.

-O PGD fala de perda de confianza no PP. ¿Vostede a que atribúe esa perda de confianza?

-Nós asinamos un pacto de goberno baseado na seriedade, lealdade e confianza e pola nosa parte cumprimos co establecido. A aludida perda de confianza é un concepto xenérico para basearse, supoño, en algo.

– ¿Qué destaca da coalición do seu partido co Partido Galeguista Demócrata?

-Fomos un goberno que funcionou axeitadamente e sen máis incidencias de non ser esta última que marcou o final do pacto e que aínda non sei ben a que se debeu.

-¿Revisará decisións políticas adoptadas polos concelleiros galeguistas nas distintas áreas?

-Reviso todas as decisións políticas tomadas por cada un dos edís que integran o goberno.

-¿Teme que os grupos da oposición, agora en maioría, se unan para botar ao PP do goberno?

-A miña preocupación é traballar, arranxar os problemas e sacar adiante os proxectos que afectan a este municipio. Dentro do exercizo da democracia a moción de censura é unha posibilidade, pero non vexo motivo serio algún para que teña lugar nin creo que reflicta o desexo da veciñanza nas urnas.

-Queda pouco máis dun ano para as eleccións municipais, un ano de goberno en minoría en Padrón. ¿Como o afronta?

-Como dixen o día que fun investido alcalde: con traballo, esforzo e dedicación, sendo moi consciente da responsabilidade que conleva asumir este cargo. Temos que seguir traballando para acadar novas metas e a consecución de obxectivos, tal e como o viñemos facendo para conseguir axilizar a continuidade da variante, a humanización da N-550 ao seu paso por A Ponte, o derrubamento do edificio en ruínas situado en A Trabanca, a inversión e melloras en infraestruturas e servizos municipais básicos, entre outras liñas.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.