Nova edición de noite na biblioteca en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

noite-na-biblioteca-2014-web

 

Tras a positiva experiencia do ano pasado, volve a Noite na Biblioteca de Pontecesures. De novo, a Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta, animando aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 21:30 da noite do sábado 29 ata as 9:30 do domingo 30 de marzo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde, tendo preferencia os rapaces e rapazas que non disfrutaran desta experiencia o ano pasado.

Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia e a Churrería Sandra na mañán do domingo, e o establecemento Belbellita tamén súmase a colaborar no evento obsequiando a cada un dos participantes cun agasallo.

 


1 comentario

Constant · 28-03-2014 a las 18:28

Tuveron a biblioteca pechada dous meses, temos uns ordenadores de merda que non andan nin patras e ven vendendo o concellal roque a biblioteca como garderia, xa viran pedir o voto para o ano, que carallo van levar

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.