Padrón e Rianxo apertan os lazos xurídicos.

Publicado por Redacción en

parian

Uníronse para defender que se manteña o partido xudicial no primeiro dos concellos.

Os pobos de Padrón e Rianxo volveron a encontrarse no Martes de Pascua, representados no acto de irmandade das dúas corporacións locais e no que as figuras de Rosalía de Castro e Castelao tiveron o protagonismo. Conforme ao guion de cada ano, a corporación padronesa esperou a rianxeira no Paseo do Espolón, onde realizaron a primeira ofrenda floral ante a estatua de Rosalía, co son do himno galego por detrás.

ADVERTISEMENT

Acompañados polas respectivas bandas de música municipais, do Espolón foron a pe ao Xardín Botánico, para depositar a coroa de loureiro ante o busto de Castelao. Tralas ofrendas, as corporacións dirixíronse ao Concello, para os discursos. O primeiro foi o do alcalde padronés Antonio Fernández, quen falou dos lazos «culturais, sociais e laborais» que unen a Padrón e Rianxo. Tamén falou dos vínculos xurídicos e, neste sentido, anunciou que Padrón falará con Rois e Dodro para, xunto con Rianxo, defender o partido xudicial padronés e, por tanto, para que a capital do Sar manteña os dous xulgados. Antonio Fernández tamén falou dos lazos literarios e lembrou que Padrón foi noutro tempo vila mariñeira coma Rianxo.

Pola súa banda, o alcalde invitado, Adolfo Muíños, ratificou a intención do seu Concello de defender que Padrón se manteña como partido xudicial. Muíños asegurou que os lazos que unen a Padrón e Rianxo «son moitísimos».

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.