¿Que foi da aula TIC do Concello de Pontecesures?.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

2014-06-12 21.00.09-1-1

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, concedeu en 2012, ao abeiro dunha liña de axudas para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia (fondos europeos), unha subvención de pouco máis de 14.000 euros, subvención do 90% do custo total, para un proxecto integral dunha sala multiusos dixital a instalar no semisoto da Casa do Concello (Aula TIC).

En maio de 2013, e logo do procedemento licitatorio, o concello adxudicou a actividade por 14.908,01 euros dos que a AGADER subvencionou o 90% de dito importe, aproximadamente, e o concello o resto. Acondicionouse con estes cartos o local para a aula e subministráronse 15 ordenadores novos co mobiliario correspondente.

Presentou o goberno local a bombo e platillo a aula cando en xullo de 2013 anunciou que se ía celebrar nas novas instalacións un curso de iniciación á informática para a terceira idade, e incluso na nota publicada se nos falaba da «flamante aula» xestionada e conquerida polo goberno local.

Pois nin flamante nin gaitas; o aula TIC xa non existe e tan só queda o cartel colocado no exterior da porta de entrada so semisoto da Casa do Concello. Apenas houbo un curso máis, e no inverno pasado, ao parecer, estropeouse a alimentación dos ordenadores pola humidade e averiáronse os equipos.

A esta agrupación parécelle moi grave o ocorrido denunciando a desastrosa xestión que está a realizar o goberno que temos. Fallou a previsión en canto as condicións do local pero é que, ademais, os ordenadores, que foron adquiridos cunha subvención finalista de fondos públicos para formar parte dun aula de informática ao servizo da poboación, non sabemos que condicións presentan e se están adicados a outros usos alleos á subvención concedida. O certo é que no local do semisoto do Concello non están.

Prégase que se instalen con toda urxencia os 15 ordenadores na aula TIC para que estea operativa de inmediato. Ademais de privarlle do aula á veciñanza, estase a incumprir o destino da subvención concedida en 2012 e pode o concello ter responsibilidades económicas, e doutro tipo, diante do órgano que subvencionou a actuación por culpa dunha xestión tan lamentable do goberno municipal.

Pontecesures, 14/06/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

Durao · 16-06-2014 a las 19:58

Grave, moi grave esto, mirade como utiliza este goberno de Cesures os fondos europeos, lle debían meter un paquete e mandalos para a xusticia porque o aula xa non existe hai moito, gastar así os cartos publicos debe ser un delito

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.