Queixas pola iluminación LED en alumeados de varias rúas de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nestes días estanse a substituir puntos de luz do alumeado público en varias rúas de Pontecesures. Colócanse luminarias LED co fin de obter un aforro enerxético.

A intensidade da luminosidade baixou considerablemente en moitos puntos, algo que non entenden moitos veciños pois investir en novas luminarias para aforrar logo na facturación está moi ben, pero non baixando a intensidade da luz e provocando que haxa zonas cunha escuridade que chama a atención.

En particular esta agrupación quere transmitir á veciñanza que está totalmente en contra das luminarias LED que se colocaron na rúa Nova e nun tramo da rúa Ullán (o que vai dende á Avda. de Vigo ata a rúa San Lois). Son farolas tradicionais tipo «villa» e as novas luminarias só iluminan a base das farolas quedando escuro todo o resto da rúa. Ademais, estéticamente, o efecto que transmiten os puntos de luz (agora sen os cristais dos faroles), é francamente horroroso.

Resulta lamentable que o goberno local non tomara nota do ocorrido noutros municipios próximos ao colocar luminarias LED nas farolas «villa» cun fracaso considerable.

Consideramos que as deficiencias no alumeado público causadas por esta actuación do goberno local deben ser corrixidas de inmediato. Non se pode experimentar así esperando a ver que pasa, e a ver o que dí a xente. Os veciños, que contribúen cos seus impostos e taxas ao sostemento do concello, non merecen esta falla de respecto.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


6 comentarios

carlos maria de borbon y austria este · 19-06-2014 a las 21:13

Falta de respeto é cambiar un alumeado decente público por uns farolillos chinos(tes que decir algo ao respeto de esto).Este Concello dentro de pouco vai ser o máis feo de Galicia.Sabedes por que? Primeiro cambian o alumeado por basura,despois a xente fai casas unifamiliares en sitios onde debería haber edificios plurifamiliares.Incluso a un edil lle deu igual o plan urbanístico do concello,para que se fai o plan?
Non entendo como poden ter votos para estos individuos e non se mete nadie novo.

X. Martinez · 20-06-2014 a las 18:41

O das luces de LED no alumeado que tan pouco alumea e criticado por moitos veciños, o que fai ao pobo feo son os edificios de vivendas que teñen xa tempo con fachadas danadas das que caen materiais, e outras casas familiares case en ruinas abandonadas polos propietarios
A zona do concelleiro que falas no Camiño de San Xulián e de casas de familias, e ali foi todo o reves do feismo que falas, Carlos María, hai terreo público cedido e a casa do edil e fermosa, unha das mais bonitas do pobo, sobre todo a fachada lateral marrón, chámalle a atención a todo o mundo polo gusto con que foi feita, hai anos alí había un embudo cheo de merda e agora e unha chulada

    carlos maria de borbon y austria este · 21-06-2014 a las 00:07

    Non digo que a casa do edil sexa fea.A miña intención foi deixar constancia de que o plan urbanístico ten como función regular a futura transformación con sentido e regularidade.Podes facer unha unifamiliar no medio do Milladoiro?Quedaría ben?que pasaría se máis xente se salta o plan?.
    Co das luces LED so quería recordar o feito da anterior falta de respeto que se cometeu daquela.Cambiaron un bo alumbrado por un bastante lamentable.

Dieguez · 21-06-2014 a las 19:49

No es que no sea fea, la casa del edil es preciosa, ya está bien de meterse con el, siempre con lo mismo, dio todas las explicaciones diciendo que el plan permite este tipo de casas donde está.

    carlos maria de borbon y austria este · 21-06-2014 a las 21:16

    Explicame que explicacións?Que plan permite que?Sabes do que estamos a falar?

fabeiro · 21-06-2014 a las 20:07

Aquí hai unha queixa polas luces de LED e métense ca casa do que denuncia, pois as luces LED son un escandalo, todo oscuridade, e ademais nada ten que ver a cuestión coas farolas das rúas do medio, a esas non lle puxeron LEDs e non hai queixa, onde hai un cabreo dos veciños grande e nas zonas onde puxeron as luces esas de aforrro, rúa Ullan, rúa Nova, a subida da Iglesia para a Nacional, en Redondo,…o goberno local un desastre, espero que o ano que ven lle den o seu merecido nas urnas, fora para sempre

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.