AUGALINGUA: ACTIVIDADE NA PISCINA MUNICIPAL DE PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

AUGALINGUA 2014web

1    AUGALINGUA

LUNS 7 DE XULLO DE 2014 ÁS 12.00 HORAS NA PISCINA MUNICIPAL DE PONTECESURES

Esta actividade xira arredor da Gallaecia, terra de heroes, personaxes peculiares e deuses que viven aventuras e desventuras nunha pequena aldea.

1.1   OBXECTIVOS

–        Ofrecer unha actividade lúdica para a época estival para os rapaces/as.

–        Desenvolver propostas de ocio en espazos comunitarios como son as piscinas.

–        Favorecer o contacto coa lingua galega a través de actividades divertidas e en grupo.

1.2   P?BLICO DESTINATARIO

–        Rapaces/as entre 6 e 12 anos

1.3   duración

Unha xornada de 90 minutos.

1.4   DESENVOLVEMENTO

A actividade está artellada como un campamento de xornada única para desenvolver no recinto da piscina e para desfrutar do espazo que nos ofrece e da multitude de rapazes/as que acoden no verán, o que facilita establecer novas relacións co galego como lingua vehicular.

Traballaremos en equipos que competirán e desenvolverán actividades para pasar unha xornada inesquecible na que desenvolveremos probas nas que poñeremos a proba o seu enxeño, a súa rapidez e buscaremos que coñezan máis e mellor a mitoloxía galega e entre ela os seus deuses, que…nos porán en máis dun apuro que teremos que solucionar.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.