Inicio da Escola de Verán de piragüismo (mércores 2 de xullo).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel piraguismo ESCOLA DE VERAN 2014

Mañá mercores día 2 de xullo arranca a Escola de Verán de Piragüismo no Club Náutico de Pontecesures na que participarán rapaces/as dos concellos de Pontecesures, Valga, Padrón e Rois asi como de outras localidades da comarca.
Este ano  destaca polo alto número de inscricións, froito do coñecemento que a xente está a ter sobre esta entidade deportiva así como da súa actividade e dos grandísimos resultados que está a ter últimamente, tanto en competicións nacionais como internacionais.

Esta enorme demanda obriga ó Club a dividir aos alumnos/as en dous grupos. Un grupo asistirá os luns e mércores e o outro os martes e xoves en horario de 10.30 a 13.00 horas aproximadamente.

Como tódolos anos o Club Náutico de Pontecesures pon ao servizo desta Escola de Verán os vehículos da súa propiedade para facilitar a recollida de alumnos/as que teñen dificultade para o traslado ás nosas instalacións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.