Reivindican o Camiño histórico Santiago-Padrón.

Publicado por Redacción en

sapa

Máis de 300 persoas sumáronse onte a peregrinación proposta pola Asociación Fillos e Amigos de Padrón para conquerir o recoñecemento oficial dunha ruta histórica que bebe nas raíces máis profundas da tradición aúrea: o Camiño Santiago-Padrón. O punto de partida, a Praza do Obradoiro, onde se deron cita os participantes. Cinco autobuses partiron ás 8.30 h. de Padrón con destino a Compostela. Na praza da Acibechería, o deán, Segundo Pérez, e o párroco padronés Roberto Martínez, recibiron aos participantes e autoridades para, a continuación, realizar unha ofrenda ao Apóstolo por parte da entidade promotora.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.