ACTUACIÃ?N DE ASFALTADO E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN 10 RÃ?AS

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

As obras consistirán na mellora do firme en cinco camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide e Grovas), que xa contan cun pavimento asfáltico, pero moi deteriorado; na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que actualmente se atopa en terra, e na execución dunha nova capa de pavimento de formigón sobre o pavimento existente, en mal estado, nun pequeno tramo da rúa Fontaíña.

Ademais disto, executaranse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

Zona Rúa Tipo de actuación
01 Rúa das Mimosas Mellora do firme (asfalto)
02 Travesía Avdas Namorados e Arousa Mellora do firme (asfalto)
03 Pista do regadío Mellora do firme (asfalto)
04 Camiño a Mimosas Pavimentación (asfalto)
05 Condide Mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais
06 Grobas Mellora do firme (asfalto)
07 Fontaíña Mellora do firme (formigón)
08 Rúa Portarraxoi badén elevado
09 Rúa San Lois 01 badén elevado
10 Rúa San Lois 02 badén elevado
11 Rúa sagasta badén elevado

As actuacións 01, 02, 03, 05 e 06 consistirán, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico actual, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) prevese realizar a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectarán ás tuberías e cunetas existentes.

A actuación 04 consistirá na pavimentación dun camiño que actualmente se atopa en terra, para o cal previamente se escavará a capa superficial de terra vexetal e se executará unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.

A actuación 07 consistirá na execución dunha nova capa de pavimento de formigón nun pequeno tramo da rúa Fontaíña, aplicada sobre o formigón existente.

En todas estas actuacións se procederá a poñer á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.

As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistirán na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde actualmente xa existen pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procederase a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde resulte preciso, se instalarán novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.

Entre asfalto e formigón mellorarase unha superficie de  4.700 m2

O total do presuposto ascende á 83.937,35� que será financiado polo PUSIM14 da Deputación de Pontevedra.

01. Rúa Mimosas

RÃ?A DAS MIMOSAS

 

02. Travesia Avdas Namorados e Arousa

travesia avdas namorados arousa

03. Pista do Regadío

PISTA DO REGADIO

04. Camiño a Mimosas

CAMIÃ?O A MIMOSAS

05. Condide

CONDIDE

06. Grobas

GROBAS

07. Fontaíña

FONTAIÃ?A08. Portarraxoi

BADÃ?N PORTARRAXOI

09. San Lois 1

BADÃ?N SAN LOIS 1

10. San Lois 2

BADÃ?N SAN LOIS 2

11. Sagasta

BADÃ?N SAGASTA

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.