Unha Fundación Rosalía máis aberta.

Publicado por Redacción en

aan

A Fundación Rosalía de Castro vén de celebrar o acto conmemorativo do pasamento da escritora, un 15 de xullo de hai 129 anos, na Casa-Museo de A Matanza, en Padrón. Alí, o presidente da entidade, Anxo Angueira, aproveitou para lembrar que, despois da conmemoración no 2013 dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, «a vida e os camiños» da fundación rosaliana continúan, por novos «horizontes».

Entre eles, para seguir «modernizando a Casa– Museo de A Matanza e incorporando novas obras, algunhas en propiedade e outras en cesión», di. Así, desde xaneiro deste ano, «a Casa de Rosalía é outra», segundo Anxo Angueira, debido a que a ela regresou a autora retratada en Lestrobe arredor do ano 1880 no «extraordinario óleo» de Brocos.

A volta do cadro foi posible, segundo afirmou Angueira, grazas a xenerosidade da Deputación, as xestións do alcalde de Padrón e ao proxecto intelectual de Pepe Barro. Namentres, no proxecto de modernización museográfica para a planta baixa, a fundación agradece as xestións ao alcalde de Rois diante da Deputación, entre outros recoñecementos.

Relación social e institucional

Anxo Angueira asegura que «a vida e o labor» da Fundación Rosalía de Castro «está sempre vinculado á súa relación social e institucional»: cos concellos veciños da Terra de Iria, en especial co de Padrón, ao que lle agradece ao seu apoio; con asociacións locais ou nacionais, desde o colectivo de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual do Sar (Amipa); o club de lectura Lecras de Dodro; a Revista Galega de Educación ou a Casa Museo de Camilo Castelo Branco ou á de García Lorca.

Para o responsable da fundación, «non hai outro camiño có da apertura social e a colaboración» porque «Rosalía está aquí, na Matanza, pero a súa casa está e é de toda Galicia», di Anxo Angueira.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.