CURSO DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA EN PONTECESURES: COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

logodepo

 

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2014 e/ou xaneiro e febreiro de 2015 na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures) e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 23 de xullo ata o 10 de setembro.

No seguinte enlace pódese descargar o modelo de solicitude de inscrición para participar no curso.

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=641

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.