Aclaracións sobre a obra ??Adecuación do parque Infantil Vicente Moure?

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Tras as críticas recibidas polo voceiro do PP pola suposta ??falta de previsión? na obra  ??Adecuación do parque infantil Vicente Moure? este equipo de goberno quere matizar o seguinte:

1º Foi a Deputación de Pontevedra a encargada de adxudicar directamente a obra á empresa Lappset España VR S.L.: en todo caso debería pedirlle responsabilidades á Deputación.

2º Con data 25 de abril de 2014 recíbese no Concello (rexistro de entrada 811) a confirmación da adxudicación á empresa Lappset España Vr S.L. da obra do parque infantil Vicente Moure.

3º O día 5 de maio a empresa Lappset e a Deputación firman o contrato da obra no que por lei a empresa ten un mes para comezar a obra e outro mes para rematala.

4º O día 5 de xuño, tal e como marcan os prazos, a empresa comeza a obra. Ten un mes para rematala, pero tras as conversas do equipo de goberno coa empresa consíguese que se remate o día 27 de xuño acortando nunha semana o prazo establecido pola Deputación.

5º Polas propias características do proxecto é preciso gardar o tempo necesario para que a herba medre o suficiente para cumprir a súa función.

Erra o voceiro do PP en criticar ó Concello xaquelogo debe dirixir as súas queixas ó Organismo que se encarga da adxudicación que neste caso é a Deputación de Pontevedra.

Respecto á herba supoño que non será culpa do equipo de goberno , nin da Deputación que non medre ó ritmo que quere o voceiro do PP xa que a natureza e a climatoloxía ??son así de caprichosas?.


1 comentario

PAMELACHU · 24-07-2014 a las 16:34

En definitiva, despois desta relación exhaustiva, o resumen é que os nenos non xogan no parque desde hai un mes porque non medra a herba, cousas da climatoloxía caprichosa deste pobo. De poñerlle caucho como ós demais parques non falamos. Concellería de Medioambiente Urbano moi necesaria.
Estades ben vistos……

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.