II Festa da Paella de Pontecesures.
Organizada pola asociación cultural «Festa Rachada» e coa colaboración do Concello de Pontecesures. o domingo 24 de agosto, a partir das 14 horas, terá lugar no peirao esta festa da paella que será preparada por un mestre paelleiro.
O prezo do plato é de 8 euros e pode adquirirse o ticket por anticipado nos bares Mambís, Sol y Mar e Tele Bar ou chamando aos teléfonos 616/620975 (Elías) ou 679/368639 (Álvaro). Inclúese paella, pan, bebida (refresco, viño, cervexa ou auga), postré, café e chupito.
0 comentarios