O grupo folclórico Algueirada retoma esta semana as clases de baile, pandeireta e gaita.

Publicado por Redacción en

O mércores 10 de setembro, comezan as clases de baile tradicional da asociación cultural «Algueirada». Os nenos e xoves interesados en participar na actividade deben presentarse ás 17 horas dese día no Ximnasio do CPI Pontecesures, para organizar os grupos de traballo cos seus horarios.
Tamén comezan esta semana as clases de pandeireta. O día 10 de setembro ás 18 horas no Ximnasio do CPI Pontecesures deberan presentarse os interesados para organizar os grupos de traballo e os seus horarios.
Por último, dicir, aos efectos da inscrición de interesados, que a actividade de gailta comezará o venres día 12 de setembro, ás 17 horas, no Centro Social de Pontecesures.

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.