RECIBIMENTO DE CAMILA MORISON NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Camila Morison, do Clube Náutico de Pontecesures que acadou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude celebrados recentemente na localidade chinesa de Nanjing, foi recibida o pasado xoves no Salon de Plenos da Casa do Concello de Pontecesures por membros do goberno local e da corporación municipal.

Camila acudíu a este acto acompañada dos seus pais, do seu entrenador e responsable do clube, Ángel Barreiro; e, como non, lucindo a súa flamante medalla de bronce. Neste acto, dun xeito moi distendido,  estiveron comentando polo miudo a experiencia vivida en China e a satisfacción polo éxito acadado.

Ao final do acto o Alcalde, Manuel Luís Álvarez Angueira, fixo entrega dun agasallo do concello a Camila, consistente nunha pala das mesmas características as utilizadas para este logro sen precedentes no noso pobo.


1 comentario

sobreiras · 12-09-2014 a las 11:34

¡Que bonita a foto do Rei!. Noraboa Camila. ¡Xa conseguiron a foto! Estarán contentos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.