Contestación ó Sr Sabariz polas queixas dos asfaltados nas rúas centrais do pobo

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Unha vez máis demostrase a falta de ética, manipulación e demagoxia do Sr Sabariz, Nestes días fixo un escrito denunciando problemas na pavimentación das rúas centrais do pobo.

Pois ben queremos recordarlle a este concelleiro que como tal ten dereito a solicitar o expediente da memoria das obras no Concello. Si en vez de criticar se molestase en ler a Memoria Valorada das obras vería que na folla nº 8 (que se xunta) pon expresamente ??Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.?

E polo tanto, as obras estánse a facer agora mesmo, non porque critique o sr Sabariz, senón porque xa está recollido na memoria valorada das obras.

Podemos entender as preocupacións dos cidadáns xa que non teñen acceso á memoria valorada, pero as queixas do Sr Sabariz son pura demagoxia e manipulación. Esto demostra una vez máis a sua falta de ética na política xa que lle serve todo con tal de criticar ó equipo de goberno.  O que pretendía este señor era anotarse o tanto da realización das canaletas debido as súas queixas.

Cambie de estratexía porque esta xa está moi vista. Xa lle dixemos que porque repita unha mentira mil veces esta non se convirte en realidade (frase inventada por Goebbels para a manipulación das masas).

Pois non, Sr Sabariz, non actuamos coma vostede di a toque de cornetín.

Está moi ben que faga a súa laboura de oposición, pero antes de criticar moléstese en informarse vostede e non desinformar á veciñanza para manipulala.

MEMORIA VALORADA_ASFALTADO 9 ZONAS_PUMSIM.2014 paxina 8

Categorías: Concello

1 comentario

Princo · 26-09-2014 a las 16:37

Lamentable unha vez máis Sabariz…
Esto xa o fixo máis veces.. «Adiantarse» a algo que se está facendo, e sabendo que se vai facer, denúnciao… Así da a impresión de que cando se fai algo, é por que el o pediu.

En fin, queda todo dito , que personaxe temos aqui… Busca algo que facer na vida, por favor.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.