Exposición fotográfica na biblioteca de Pontecesures: «Os rostros do comercio xusto».

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CARTEL EXPOSICION FOTOGRAFICA BIBLIOTECA out2014web

A biblioteca de Pontecesures acolle a exposición sobre comercio xusto de Agareso e Amarante

As fotografías protagonizadas polo campesiñado de Ecuador propoñen unha reflexión sobre o consumo responsable e as achegas da cooperación internacional

 Pontecesures, 1 de outubro de 2014.- A biblioteca municipal de Pontecesures acolle desde hoxe a exposición â??Os rostros do comercio xustoâ??, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Amarante Setem. A mostra, con entrada de balde, poderase visitar ata finais de outubro, mes no que se conmemora o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, concretamente o vindeiro venres 17.

A exposición protagonizada polo campesiñado de Ecuador componse de 25 fotografías autoría do fotoxornalista vigués Miguel Núñez, referidas ao proxecto da ONGD Amarante Setem (Galicia) coa Fundación Maquita (Ecuador) para apoiar a pequenas cooperativas dedicadas ao cacao, os cítricos ou a cana de azucre.

A actividade, encamiñada á reflexión sobre o comercio xusto e o consumo responsable, está organizada polo Concello en calidade de socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD.

O obxectivo é concienciar sobre a responsabilidade dos países do Norte no empobrecemento do Sur, amosando ao tempo o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Un labor que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas o avance cara unha equidade de xénero real.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.