Á ACP parécelle lamentable que o pleno solicitado pola oposición sobre os badenes elevados teña lugar en horario de mañá.

Publicado por Redacción en

Para as doce horas do día 28 de outubro convocou o alcalde de Pontecesures o pleno extraordinario instado polos cinco concelleiros da oposición (2 PP, 2 IP e 1 ACP) o 11 de outubro pasado para tratar de que se non se leve a cabo a obra de elevación dos catro badéns elevados que pretende construir o goberno local no centro da vila (rúas Portarraxoi, San Lois e Sagasta), creándose unha comsión de seguridade viaria co fin de estudar posibles alternativas a esta iniciativa que rexeita a práctica totalidade dos comerciantes locais e moitísimos veciños (foron presentadas 582 sinaturas en contra do proxecto).
Pois ben. en lugar de dar facilidades para que asistan á sesión comerciantes e veciños, fíxase o pleno nun día laborable a media mañá, co fin de que non se coñeza o debate sobre este polémico punto que é moi importante para todos. O goberno local agóchase sen consensuar nada como de costume.
Pero ademais, tampouco se facilita á aistencia ao pleno dos concelleiros da oposición que teñen os seus traballos á marxe do concello. Hai que pedir horas libres para asistir a unha sesión cando se pode fixar perfectamente o pleno pola noite como se fai nos plenos ordinarios.
Aínda por enriba de ter que soportar que cos fondos do concello, os fondos de todos, haxa que sufragar as retribucións por dedicación exclusiva de tres dos membros do goberno municipal, fíxanse este tipo de actos en horario laboral de mañá para impedir a asistencia do público. Convócanse para celebrar no horario de traballo dos concelleiros das exclusivas e o público e os demais concelleiros a fastidiarnos.
En lugar de fomentar a participación cidadá e de dinamizar a vida política prefire o alcalde e o seu equipo que a veciñanza teña moi pouca información do que pasa no concello. Lamentable.

Pontecesures, 16/10/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.