A administradora do grupo de facebook «Xente de Pontecesures» copia de «pontecesures.net» só o que lle interesa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe este medio publicou dúas novas seguidas relacionadas co pleno extraordinario sobre os badéns elevados a celebrar o vindeiro 28 de outubro. Unha foi «O pleno extraordinario sobre os badéns elevados será o 28 de outubro ás 12 horas» e a outra «Á ACP parécelle lamentable que o pleno solicitado pola oposición sobre os badenes elevados teña lugar en horario de de mañá.».
Pois ben, a administradora só copiou e pegou no seu grupo de facebook a primeira das novas pero non a da crítica da ACP polo horario do pleno. ? comprensible que se recollan no grupo de facebook novas de «pontecesures.net» (neste caso deberíase revelar a fonte por respecto) pero o que non é de recibo e copiar unha nova relacionada con este pleno e non a outra. Resulta moi pouco serio actuar así, pois máis ben se desinforma. ? coñecida a afinidade da administradora cunha formación política da corporación e co seu representante, e nada hai que dicir por iso. Agora ben; non se pode perder a credibilidade e a imparcialidade de xeito tan descarado e non é a primeira vez que ocorren feitos deste tipo.

Pontecesures, 16/10/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.