La ACP solicita á Deputación o pintado da estrada que vai dende a Praza dos Valeiros de Porto ata a Charca.

Publicado por Redacción en

A sinalización horizontal da estrada provincial EP-8602 en Pontecesures que vai dende a praza dos Valeiros de Porto ata a intersección no paraxe da «Charca» coa estrada autonómica PO-548 Pontecesures/Vilagarcia (son 600 metros llineais), e que ten un pequeno tramo no termo municipal de Valga, está totalmente borrada dende hai tempo e iso ocasiona problemas de seguridade viaria sobre todo polas noites ao non apreciarse nin o eixe divisorio dos carrís de circulación nin as marxes da estrada
En prevención de accidentes (é unha estrada bastante transitada), prégouse á Deputación Provincial de Pontevedra que, coa maior celeridade posible, se proceda ao pintado da sinalización horizontal do vial en cuestión.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.