Coroa e loa poética para Pinto d´Herbón dende A Matanza.

Publicado por Redacción en

pinto

Pasaron xa dúas décadas daquel famoso tema Nitramón quinse, quinse, quinse enmarcado no movemento musical do rock bravú ou agro-rock, según se mire, co que o padronés, natural de Herbón, Daniel Alexandre Vecino, coñecido artísticamente polo alcume de Pinto d´Herbón, se dera a coñecer no panorama nacional. Amigo inseparable doutro icono do bravú, Manu Chao, e autor doutros temas como Paviméntame ou A Motoserra, deixaría cos anos -aínda que non de xeito definitivo- o bravú para adicarse a outra expresión artística galega, a regueifa, que segue a cultivar, enseñar e espallar por Galicia.

Onte xente da cultura vinculada ao mevomento bravú rendíanlle un emotivo homenaxe na Cas Museo Rosalía de Castro, na Matanza. Un recoñecemento cargado de emocións, experiencias e lembranzas, e donde non faltou a música nin a arte de improvisar rimas. Tampouco faltou a figura dunha Rosalía viva que conduciu o acto e levou ao homenaxeado polos recunchos da casa.

Xurxo Souto, Josito Pereira, Luis Correa, Paola Beiro, Sofía Tarela, Xosefa de Bastavales, Anxo Angueira…, non faltaron á cita. Manuel Rivas ou Manu Chao excusaron a súa ausencia. O primeiro mandou un poema para a ocasión, e o segundo colgou un twitter. Entre emoción e emoción, non faltou o agasallo do homenaxeado, quen presentaba «Ghasolina». Tamén deixou claro que hai futuro na regueifa. O seu fillo maior arrincaba unha sorprendendo ao respectable, mentres Xosefa de Bastavales coroaba poeticamente ao rapeiro e regueifeiro padronés.

El Correo Gallego

 

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.