Charla aos coidadores de dependentes en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel-coidando-2014web

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando Á Par, entidade sen ánimo de lucro que está a desenvolver proxectos destinados á poboación en xeral dende unha perspectiva sociofamiliar  e educativa, celebrará unha charla-coloquio o vindeiro luns día 4 de novembro na Biblioteca Municipal ás 20,00 horas, que será impartida por un dos seus colaboradores, o profesor Carlos Vila Lago.

Jose Expósito, presidente da Asociación Medrando Á Par, apunta que, sendo cada día máis as persoas que deben coidar dunha persoa dependente na súa familia, existe a necesidade de apoiar a aquelas familias que están a vivir esta situación, sendo conscentes de que o primeiro paso para coidar ben a un familiar é coidarse a un mesmo.

As familias adoitamos pensar qua ninguén como nós pode coidar a esa persoa dependente, que cun pouco de esforzo esa persoa estará moi ben coidada, xa que é un labor que significa dedicación, esmero, entrega de tempo e afecto cara á persoa coidada; e quen senón alguén como nós para proporcionalo.

Pero a entrega e a dedicación non chegan; con moita frecuencia atopamos que a persoa cuidadora esquécese dela mesma e con frecuencia prodúcese unha sobrecarga que de non abordala pode desencadear en problemas de saúde, depresión, dor crónico, illamento, etc.

Nesta sesión de formación/charla preténdese que as familias sexan capaces de aliviar a tensión emocional acumulada ao longo do tempo, romper o illamento que se asocia á tarefa de coidar a un dependente, pedir axuda, buscar a forma de recuperar as actividades sociais e de lecer, afastar ou eliminar os sentimentos de culpa, comprender e aceptar os sentimentos positivos e negativos derivados da tarefa de coidar; en definitiva, dar unhas ferramentas ao cuidador para que se coide e así poida dar ao dependente os coidados máis axeitados.

Lembrar que esta é a segunda ocasión na que se celebra unha charla destas características en Pontecesures.  Na anterior, que resultou de moitísima utilidade para o público asistente, fíxose fincapé en todos aqueles factores que inciden no coidado de persoas dependentes e na importancia que ten o coidado do coidador, como  entender e vivir unha situación que pode tornarse moi dura, e mesmo provocar ou desencadear na incapacidade do propio coidador.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.