Nota da ACP sobre a acollida de animais abandonados en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Xa en agosto de 2012, a ACP solicitou a adhesión do Concello de Pontecesures ao convenio coa Deputación sobre acollida de animales domésticos abandonados e que tería un custo para o concello duns 950 euros/ano.
O goberno non fixo caso algún e a ACP presentou en novembro de 2013 unha moción solicitando «a adhesión ao Convenio Marco de colaboración para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados entendendo que estas fórmulas intermunicipais de xestión conxunta dos distintos servizos permiten acadar a máxima eficiencia, eficacia, racionalidade e calidade na prestación e tendo en conta que o abandono de animais é actualmente un dos problemas de máis difícil solución co que se teñen que enfrontar os distintos concellos da provincia xa que en numerosos casos, os propietarios optan por abandonar os animais na vía pública o que, ademais de evidenciar un problema de tipo sanitario, supón un grave problema de salubridade pública e de seguridade viaria. O funcionamento deste servizo provincial solucionaría bastantes problemas pois neste custo de 950 euros inclúese tamén o traslado de operarios cos medios de captura e de transporte axeitados para levar os animais abandonados dende Pontecesures ata a canceira da Armenteira, xa que o concello non dispón desta posibilidade» segundo se reflectía no texto da moción.
O goberno local, a pesar destes argumentos e de que eran xa 48 os concellos da provincia que habían asinado o convenio, rexeitou a moción no pleno ordinario de novembro de 2013, vertendo ademais a concelleira nacionalista Cecilia Tarela fortes críticas sobre os métodos de funcionamento da canceira da Armenteira.
Pois ben, con agradable sorpresa recibimos a boa nova de que o goberno local recuou u así levou ao pasado pleno extraordinario celebrado o pasado 5 de novembro a adhesión en cuestión que foi aprobada, obviamente, por unanimidade. A ACP celebra que o goberno local «baixase da burra» neste tema aínda que sexa tarde. Estaba cantado que non pode cada pequeno concello ir «a súa bola» e menos lanzando críticas contra a Deputación por razóns dunha maior ou menor afinidade política. Neste importante asunto as solucións mancumunidades son as máis axeitadas dende un punto de vista económico e de cumprimento da normativa.
Co sucedido queda claro que o goberno local non pode cerrarse en banda ás propostas e mocións da oposición. Criticalas sen consensuar nada e pasar o rodillo do voto maioritario é negativo para os intereses dos veciños. E este é un bo exemplo.
Luis Ángel Sabariz Rolan (ACP Pontecesures)

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.