Novas actividades deportivas en Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures pon en marcha un novo programa de actividades deportivas a partir do vindeiro luns 24 de novembro. Nesta ocasión, trátase das especialidades de pilates, body jump, recharge, tonificación, stretching e espalda.

As actividades impartiránse no anexo ao pavillón de deportes de Pontecesures, os luns e mércores entre 20.30 h. e 21.30 h., e os martes e xoves entre 9.30 h. e 10.30 h.

As actividades están dirixidas a todo o público en xeral, homes e mulleres maiores de 16 anos. Todos aqueles interesados poden informarse e inscribirse no Concello. Durante esta primeira semana, as actividades serán gratuitas para os asistentes. Tamén está prevista a realización dunha exhibición pública o venres 5 de decembro na Plazuela, ás 12 da mañán.

Cartel Exibicion Pontecesures WEB2

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.