Os integrantes do goberno de Pontecesures van cada un ao seu aire no tema da variante da N-550.

Publicado por Redacción en

NOTA DA ACP DE PONTECESURES
A falla de iniciativa do goberno que padecemos resulta realmente procupante. En lugar de convocar aos concelleiros para o sábado pasado, para o domingo ou para hoxe, espérase ao día 8 de xaneiro para celebrar unha primeira xuntanza, sen coñocer a data do pleno extraordinario. Non hai iniciativa e estamos, como sempre, a remolque da situación. Neste tema non hai festivos nin vacacións, hai que entrarlle ao problema con toda urxencia.
Coñecida a oposición de todos os grupos, e de moitos veciños, ao estudo informativo da variante da N-550, hai que preparar unha modelaxe para facilitar un texto de alegacións aos veciños na Casa do Concello e hai que colocar planos da variante de grande tamaño, alomenos, nos lugares afectados.
Porén, en Pontecesures temos:
1. Un alcalde practicamente ausente, como casi en toda a lexislatura, que apenas di nada da problemática da variante.
2. Unha concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, que o único que manifestou nos medios foi que lle ía levar moito tempo analizar a documentación da variante.
3. Un concelleiro de obras, Ángel Souto, que está na localidade, pero, ao parecer, disfruta de vacacións nestes días, e así nada sabemos del nun asunto tan importante.
4. Un concelleiro do PSOE, Roque Araújo, que desmárcase do seu grupo de goberno e onte celebra unha xuntanza pola súa conta sobre a variante na sede do partido para facer política ante a proximidade das eleccións. Resulta sorprendente que, gobernando, se informe da variante no local do partido en lugar de facelo na Casa do Concello.
5. Unha descoordinación total do equipo de goberno co concelleiro de educación, deportes e servizos sociais explicando datos da variante fóra da Casa do Concello mentres o concelleiro de obras está no municipio pero de vacacións.
Dende logo nun concello con tres concelleiros cobrando unha adicación exclusiva (Cecilia Tarela, Ángel Souto e Roque Araújo), non se pode dar esta imaxe que prexudica á institución nun asunto de tanta importancia como o da variante da Nacional.
Pontecesures, 05/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.