O BNG padronés ve na falla de parquin a crise do comercio.

Publicado por Redacción en

O edil Santaló impulsou unha xornada a prol das vendas locais e contra as grandes áreas.

O BNG da comarca compostelá, co voceiro da formación en Padrón, Xoán Santaló, á fronte, ven de tomar a rúa a prol do comercio local e os mercados tradicionais, aproveitando para demandar máis aparcadorio na capital do Sar, tras-las queixas recollidas polos empresarios.

Este concelleiro suliña que a crise do comercio tradicional e o declive da praza «foi unha observación constante dos comerciantes e praceiros padroneses, que a achacan en boa medida ás dificultades para o aparcadoiro dos clientes e a falta dun transporte público eficaz». Deste xeito, unha das comerciantes locais apuntaba, referíndose a baixada da afluencia dominical, que «toda a xente que falta estache nas cancelas, que alí van en coche e non teñen que pagar aparcamento». E, a xuizo dos nacionalistas, o problema do aparcamento segue a ser o factor de estrangulamento do comercio padronés: «Para o BNG garantir transporte público e áreas de aparcamento libre é absolutamente fundamental para a supervivencia do comercio padronés», indicaba Santaló a este diario.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.