A ACP critica a nova suba do IBI en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Nunha decisión adoptada sen consenso algún, e para sorpresa de todos, o goberno municipal de Pontecesures solicitou no seu día a actualización dos valores catastrais para o pasado ano 2014 cunha suba dos mesmos dun 6% e así os recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) 2014 subiron en dita porcentaxe para os bens de menor valor catastral (os inferiores a  33.160,22 ?) algo que foi moi criticado pola ACP.
Agora temos para 2015 a segunda das consecuencias negativas para os contribuíntes pola suba dos valores catastrais en 2014. O tipo de gravame do IBI segundo a normativa estatal, vai ser o do 0,56% para os valores catastrais inferiores a 35.150 ?, aproximadamente (valor catastral medio en Pontecesures) que é o tipo da ordenanza fiscal vixente, pero pasa a ser o do 0,5936% para os valores superiores a esa cifra. ? dicir; o recibo do IBI 2015 vai subir un 6% para os titulares de bens con valor catastral superior á media.
Estamos a sufrir en Pontecesures  a un goberno que tomou decisións que prexudican a todos. Neste tema do IBI en lugar de «conformarse» coa subas decididas polas normas estatais, o goberno castiga aos contribuintes e subeu o IBI un 6% en 2014 aos inmobles con valor máis baixo da media e agora tamén, como consecuencia da súa irresponsabilidade, tamén sube 6% para 2015 para os inmobles con valor máis alto da media.
En fin, un desastre nesta materia impositiva sen planificación algunha e con ocorrencias que non se entenden nestes intres de crise. ? moi doado criticar a outras administracións por subas de impostos e recortes e logo en Pontecesures o goberno BNG/PSOE/TeGa eleva a presión fiscal todavía máis.
Outra suba máis neste mandato que remata. O goberno ademais quere que estes temas non trascendan, que pasen «como de tapadillo». Sempre a recadar dos veciños, pero de eliminar as exclusivas que perciben, nada menos, que os tres tenentes de alcalde,Cecilia Tarela (BNG), Roque Araújo (PSOE) e Ángel Souto (TeGa) no noso pequeno concello, nada de nada. Esperemos que os veciños teñan en conta o vindeiro 23 de maio o que está a suceder.
Pontecesures, 20/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.