A ACP indignada pola tala dun camelio situado preto da porta principal da Casa do Concello.

Publicado por Redacción en

Dende hai moitos anos, a poucos metros da Casa do Concello, tiñamos una fermoso camelio de flor blanca que lucía no pequeno xardín (cada vez máis abandonado) que hai na zona. Pois ben; con indignación observamos que o camelio foi talado en días pasados non comprendendo as razóns pois o arbusto nin presentaba problemas nin estorbaba para nada o tránsito das persoas que se achegan ao consistorio.
Outra máis do goberno local; en maio pasado taláronse catro árbores de máis de cuarenta anos tamén nas proximidades da Casa do Concello (feito moi criticado pola ACP), agora o ocorre isto. E logo di o goberno local que defende o medio ambiente.
Este concelleiro está especialmente sensibilizado coa perda do camelio en cuestión. Estando no goberno, alá por 2002 ou 2003, esta planta estaba enferma con manchas nas follas e se lle deu un tratamento para salvala. Para satisfacción de todos o camelio saiu adiante e agora con tristura comprobamos como o goberno local cárgase o camelio sen máis.
Dende logo este goberno que padecemos fixo unha verdadeira desfeita nas proximidades da Casa do Concello nestes catro anos. Ás citadas talas de árbores hai que engadir o desastrosa rehabilitación do parque infantil «Vicente Moure» fronte a porta principal, cun estado do solo lamentable que provoca unha lameira que teñen que soportar os usuarios.
Pontecesures, 23/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.