MODELO DE ALEGACI?NS PARA REXEITAR A PROPOSTA DO MINISTERIO DE FOMENTO DA VARIANTE NA N.550

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Alternativa fot1

En relación coa APROBACI?N PROVISIONAL DO ESTUDO INFORMATIVO: ??CN-550. Variante de Padrón, Pontecesures y Valga. Clave EI2-PO-0023. Provincias de Pontevedra y A Coruña? (publicado no BOE de data 30/12/2014), comunícase a todos os veciños/as que teñen á súa disposición na Casa do Concello un modelo de alegación rexeitando á proposta do Ministerio de Fomento, tamén se pode descargar este modelo na web municipal www.pontecesures.org.

Ditas alegacións, unha vez cubertas cos seus datos persoais, deberán presentalas no Rexistro Xeral do Concello, sempre antes do vindeiro 6 de febreiro, data en que remata o período de exposición pública; recomendando non esperar ás datas finais para non saturar o rexistro municipal.

Tamén invítase á veciñanza a que asine igualmente o modelo de alegación redactado pola Plataforma Veciñal VARIANTE NON, que poderán asinala na Casa do Concello e nos comercios deste municipio.

Informase que non só poden presentar alegacións os veciños/as que presuntamente estarían afectados pola Alternativa4 seleccionada polo Ministerio, senón que poden facelo todas as persoas maiores de idade de calquer concello.

Espérase que polo ben do pobo se presenten o maior número de alegacións posibles.

No seguinte enlace descárgase o modelo de alegación:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=702


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.