Moción da ACP sobre a pago dunha porcentaxe da 2ª extra 2012 ao personal laboral do Concello.

Publicado por Redacción en

MOCI?N URXENTE DA ACP PARA O PLENO ORDINARIO DE 26/01/15.
RECUPERACI?N DA PARTE PROPORCIONAL DA PAGA EXTRAORDINARIA DE 2012 DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE PONTECESURES.

A Disposición Adicional décimo segunda da Lei 36/2014 de 26 de Decembro de Orzamentos Xerais do Estado para 2015 dispón que cada administración pública poderá aprobar o abono de cantidades a todo o persoal do sector público en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria correspondente a decembro de 2012 a razón da proporción que corresponda aos 44 primeiros días de dita paga que ven sendo un cuarto da súa totalidade.

O persoal funcionario do Concello de Pontecesures xa percibiu hai tempo as cantidades correspondentes a ditos 44 días, pero o persoal laboral só percibiu a proporción de 14 días de dita paga que é, aproximadamente, unha doceava parte ao darse cumprimento a una sentenza xudicial. En consecuencia, dito persoal ten pendiente todavía de percibir a proporción doutros 30 días, que é a sexta parte da paga extraordinaria de decembro de 2012.

Tendo en conta o disposto na Disposición Adicional décimo segunda da Lei 36/2014 e na Resolución do 29 de decembro de 2014 do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, publicada, 2 de xaneiro de 2015, con instrucións sobre esta cuestión, analizado o convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Pontecesures e considerando que procede aplicar o principio de igualdade que debe presidir a actuación das administracións públicas, propónse ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

-Aboar, na vindeira nómina, ao personal laboral do Concello de Pontecesures, previo informe da Intervención Municipal, a cantidade proporcional que corresponda a 30 días da paga extraordinaria de decembro de 2012.

Pontecesures, 23/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.