Rexeitada a moción da ACP sobre a extra do persoal laboral.

Publicado por Redacción en

Para tratar no pleno ordinario celebrado o luns pasado,  presentou a ACP a  moción sobre a recuperación da parte proporcional da paga extraordinaria do segundo semestre de 2012 do persoal laboral do Concello de Pontecesures.
 Pois ben, o goberno local, cos seus votos, rexeitou a urxencia da moción non permitindo nin pasar ao debate da mesma. A concelleira do BNG, Cecilia Tarela, considerou que, segundo a normativa publicada hai poucos días, o tema non estaba claro, que o pago non é obrigatorio, que os representantes sindicais do concello non tiñan ata o de agora solicitado nada sobre a procentaxe da extra en cuestión e non estimaban que era un asunto urxente, que hai que estudar a situación dende o punto de vista orzamentario, que aínda non sabía os traballadores que había daquela para cobrala e que a iniciativa da ACP se debe só a querer facer política.
Ante o sucedido, matízase o seguinte:
1. O goberno local busca calquera excusa para non aprobar as mocións ou iniciativas da ACP. Propúxose un simple pero necesario acordo para ir activando a percepción da extra e para corrixir, con toda a urxencia posible, unha situación inxusta. O persoal laboral ten que cobrar canto antes a cantidade pendente da extra de 2012 e non é de recibo demorar a situación. Ao marxe das actuacións ou xestións dos delegados sindicais, unha das obrigas dos concelleiros é tomar iniciativas como esta da extra na defensa dos traballadores.
 
2. A inoperancia e a desidia do goberno local que padecememos xa está a bater récords. Como recoñeceron no pleno de onte, nin sequera tiñan coñecemento, o día de presentación da moción, da normativa, que leva case un mes publicada, sobre a recuperación da procentaxe da extra. Xa non é que non se consigan investimentos, é que no día a día do concello para todo hai que esperar (estudos, análise da situacións, reunións, etc..) e as xestións eternízanse. E iso que temos tres concelleiros con dedicación exclusiva cobrando un salario todos os meses.
3. Rexeitar as mocións e propostas da ACP foi unha práctica xeral do goberno local nestes catro anos. Por exemplo, foi rexeitada, é varias veces, a moción de permitir falar ao público ao rematar os plenos, a de recuperar un terreo municipal de máis de 1.000 m2 no centro da vila e outras. Lembro só unha que se aprobou que foi a de arranxar a megafonía do salón de sesións en 2013. Pero como si nada, pois pasado un ano e medio a megafonía segue sen funcionar para vergoña de todos. Levamos catro anos sen megafonía no salón e os micros están de adorno.
4. Mención aparte merece a postura de abstención dos dous concelleiros do PP, tamén na oposición, neste tema da urxencia da moción da paga extraordinaria sen dicir os motivos, nin debater nada. Dentro do absoluto respecto desta actitude de «vida contemplativa», criticamos o feito de non explicar as súas razóns. Neste tema das pagas ao persoal funcionario tamén hai que «mollarse».
Pontecesures, 27/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.