Lamentable aspecto da Fonte da Plazuela na véspera do San Lázaro e da Festa da Lamprea.

Publicado por Redacción en

fonte

Este é o lamentable aspecto que presenta na tarde de hoxe a Fonte da Plazuela, xusto no sábado que comeza a Romaría de San Lázaro, con misas ás 18 e 19 horas, e véspera do día principal da romaría e da XX edición da Festa da Lamprea no que se espera a visita á vila de moitas persoas.

Esta suciedade na fonte máis emblemática da vila, transmite unha triste imaxe da que é culpable, sen dúbida, un goberno local que se despreocupa das cuestións máis elementais. Xusto nesta semana comezaron a traballar 19 persoas para o coidado e limpeza de rúas e de edificios subvencionados pola Deputación Provincial de Pontevedra e resulta inconcibible que ocorran estas cousas. Nun concello onde tres concelleiros teñen unha adicación exclusiva remunerada e con 19 traballadores novos para limpeza e mantemento é unha vergoña que demos esta imaxe de insalubridade.

Desgrazadamente esta foi a tónica xeral destes catro anos de mandato como comentan moitos veciños.

Pontecesures, 21/03/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


3 comentarios

Cascallar · 23-03-2015 a las 13:07

un escandalo, normal solo temos que ver a actitude dun barrendeiro dos que hai sin espiritu, poucas ganas e menos mal que nos enteramos destas cousas gracias a sabariz, sempre na brecha un aplauso para el

Domínguez · 23-03-2015 a las 16:48

El abandono de siempre y eso que el pueblo es pequeño, basura por todas partes y cagadas de perros la tira, hay que ir fijandose bien para no mancharse los zapatos, nadie hace nada y la gente que viene de fuera queda alucinada

Borrazás · 24-03-2015 a las 18:59

e que o do persoal de limpeza e de coña, paran en bares, a falar non sei canto tempo na calle, e os que mandan cobran e a mirar para outro sitio, o que fai o voto

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.