Vidal Seage (PP) único candidato á alcaldía que foi ao debate de Canal Rías Baixas (Tele Salnés)

Publicado por Redacción en

debate33

Juan Manuel Vidal Seage (PP) foi o único dos cinco candidatos á alcaldía de Pontecesures que asistiu ao debate. Alí había catro cadeiras baleiras, Cecilia Tarela (BNG), Roque Araújo )PSOE), Ángel Souto (TeGa) e Maribel Castro (IP). Esperada a ausencia desta última que xa non participou neste debate en eleccións locais pasadas, pero sorprendente foi a ausencia dos tres tenentes de alcalde actuais que encabezan as listas electorais de BNG, PSOE e TeGa. Imaxe triste sen dúbida e mal comeza esta precampaña cando non se quere debater.

Non teño intención de intervir en asuntos relacionados coas vindeiras eleccións xa que non me presento ás mesmas, pero como concelleiro que aínda son, e incluso como veciño, esperaba alomenos que os tres representantes do tripartito nos falaran da súa xestión nestes catro anos. En fin; decepción e desilusión polo sucedido.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

O AMANTE BILINJUE · 16-04-2015 a las 07:15

Seguro que estaban moi ocupados traballando para o pobo………. Tremendo nivelazo de políticos temos!!!!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.