A ACP propón delegar na Deputación a inspección dunha taxa municipal.

Publicado por Redacción en

Copia do escrito presentado no Concello de Pontecesures:

«»LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN, concelleiro da ACP Pontecesures considera que é moi favorable para os intereses municipais delegar na Deputación de Pontevedra as facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías publicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada da inspección.

O noso concello ten en vigor dita taxa que pagan as empresas subminstradoras de gas, enerxía eléctrica e outros servizos. Abonan en concepto de taxa o 1,5 % da súa facturación. Como o estudo e cómputo desta facturación é comprexo na actualidade, con múltiples operadores no mercado nestes servizos, e convinte delegar as tarefas de inspección na Deputación Provincial de Pontevedra.

Para a economía do concello é moi importante activar a inspección desta taxa a través da delegación pois o concello non dispón de medios para facelo. Das cantidades que se obteñan a maiores coa inspección débese aboar un 20% á Deputación pero todo o que quede para a facenda municipal sempre é fundamental para incrementar os recursos locais.

Xúntase a documentación relativa á delegación coa modelaxe do acordo plenario que se debe adoptar.

Pontecesures, 23/04/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures»»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.