Criticas da ACP por convocarse un pleno extraordinario en horario de mañá.

Publicado por Redacción en

Bastantes veces criticou a ACP que se convocasen plenos extraordinarios en horario de mañá porque os concelleiros da oposición teñen dificultades para asistir por cuestións laborais. Sempre dixemos que para facilitar o debate e a asistencia do público os plenos deben ser sempre en horario de tarde/noite.

Pois ben; o goberno local insiste e así mañá día 28 de abril, ás 12 horas, celebrarase o pleno extraordinario para elixir, por sorteo, aos integrantes das mesas electorais para os comicios locais do 24 de maio. Realmente é un asunto de mero trámite pero non se entende por que se celebra en horario de mañá dificultando á asistencia dos concelleiros da oposición. O horario de mañá sen dúbida venlle ben aos tres concelleiros do goberno local que cobran unha exclusiva, pero prexudica aos demais.

En fin, outra vez estamos ante unha decisión dun alcalde e dun goberno local sin sentido e que pode impedir que os concelleiros cumpramos unha das nosas obrigas fundamentais que temos que é asistir aos plenos.

Pontecesures, 27/04/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

pesado · 29-04-2015 a las 21:45

Nada, o tipo sigue queixandose. Gharda alghunha opinión pa ti, todo o tes que decir, todo che molesta. Cansino!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.