Al menos 273.901 personas cambiarán de alcalde.

Publicado por Redacción en

Con independencia de lo que ocurra el 24-M, desde ayer 273.901 gallegos ya saben oficialmente que cambiarán de alcalde en las semanas posteriores a los comicios. Son los que viven en A Arnoia, Barbadás, Boqueixón, Cariño, Corcubión, Crecente, Friol, A Guarda, A Illa de Arousa, Láncara, Laxe, Mazaricos, Monforte de Lemos, Monterrei, Mugardos, Noia, Oímbra, Ourense, Parada de Sil, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Ribadavia, Sanxenxo, Teo, Tui y A Veiga. Los actuales primeros ediles de dichas localidades (26), por diversos motivos, no aspiran a repetir en el cargo.

La Voz de Galicia


13 comentarios

outro · 5-05-2015 a las 20:48

Non sei se será correr máis da conta. Pontecesures podería seguir co mesmo alcalde. Iso de que non aspiran a repetir no cargo, que mo expliquen. Se eu non quero seguir non vou na lista. E ahí remata o conto. Se vou no cinco… todo pode ser.

papagos · 6-05-2015 a las 12:47

A ver «outro», o pobo terá o alcalde que decida a maioría nas urnas, como ten que ser. O que foi unha anomalía é que os tránsfugas «Sabaríz e Díz» desen a alcaldía a Maribel sendo a lista menos votada.
Parece que compartes a mesma obsesión que Sabaríz por Angueira. Si les as entradas onde di que non se vai presentar a reelección como alcalde, tamén di que formará parte da lista do BNG, polo tanto non é ningunha novidade e convirás comigo en que non é o mesmo ser cabeza de lista que ir no quinto posto.
Mención a parte merece o caso do Sr Sabaríz, que dixo que a ACP se disolvía e segue sacando notas no seu nome. Notas tan absurdas como a do montón de escombros precisamente no terreno municipal do servizo de obras, e digo eu, que vai haber ali? Non menos gracioso é o da casa deshabitada coa porta aberta, haberá moita xente disposta a meterse dentro esperando a que pase alguén para darlle un susto? supoño que si entraña perigo será polos riscos que haxa no interior para calquera rapaz que se lle ocorra entrar. En fin, o 24-M os veciños falarán co seu voto.

Luis Sabariz · 6-05-2015 a las 15:28

Teño que aclarar que a ACP é unha agrupación de electores que se presentou en 2011 ás eleccións municipais, pero non é un partido político con estatutos nin con órganos directivos. Nada hai que disolver, simplemente eses electores decidimos non presentarnos aos comicios do 24 de maio, pero os catro anos aínda non remataron. Polo exposto a miña función de concelleiro continúa ata que deixe a concellería e a función da ACP tamén. ¿Que despois haxa un grupo de electores que se reúna de cando en vez para tratar asuntos de interese municipal, veciñal ou doutro tipo?. Pois non o sei.

Parece que lle molestan a alguén as notas da ACP e deste concelleiro. Pois estamos obrigados a fecelas. O da casa de Carreiras quedou solucionado e o do vertedoiro de residuos preto do albergue e da guardería é unha vergoña dando unha imaxe lamentable da vila por culpa dun goberno local que non é quen de solucionar este asunto.

outro · 6-05-2015 a las 16:46

Non comparto case nada do que dis, Papagos, pero iso xa é o de sempre. Primeiro: o pobo non «vai ter o alcalde que decida a maioría nas urnas, como ten que ser». Se iso fose así, estaslle a aceptar a elección de Maribel, polo tanto non se pode protestar. O Alcalde é elixido pola Corporación e ahí é donde caben todos os apaños, incluido que sexa alcalde a da lista menos votada.
Gustaríame pensar que no teño obsesións, pero de telas aseguroche que non será compartir con Sabariz obesesión algunha con concelleiro/a algún/ha.
Si vou covir contigo que non é o mesmo ir de primeiro que de quinto, pero se queres falamos do posto que ocupaba o actual Alcalde de Santiago na lista no 2011.
Só fixen un comentario, máis referido á nota de prensa que a Angueira. A cuestión é que, e para non saír de Pontecesures, a día de hoxe podemos afirmar que Sabariz non vai ser alcalde, porque non se presenta e xa rematou o prazo. Pero non se pode afirmar o mesmo no caso de Angueira, porque poder, por poder, podería ser. E non ten por qué darse a dimisión dos catro primeiros, podería saír elixido na primeira votación ¿ou non? Pois iso.

    papagos · 7-05-2015 a las 12:44

    Reitérome no dito «outro», o pobo vai ter o alcalde que decida a maioría como ten que ser. Si ben é certo que en política pode pasar de todo, e diso sabemos moito en Pontecesures, tamén é certo que é o menos probable.
    Xa debatemos moito nesta páxina sobre a elección de Maribel e non procede volver ao mesmo, sempre empregáchedes o argumento que expós para xustificala pero non deixa de ser unha perversión da democracia. Esa elección é inaceptable mírese por onde se mire. Os pactos confórmanse baixo un acordo tácito que sempre se respectou ata ese momento. Fíxate que si xa é difíl que aparezan dous tránsfugas, que non imposible e neste caso moi previsible, non é menos dificíl que o PP déalle a alcaldía a unha formación con un concelleiro cando eles teñen tres. En fin, este despropósito e o esperpento de Santiago afortunadamente suceden en contadas ocasións.

    Aproveito para dicirlle Sr Sabaríz, que eu lin un artigo no que poñía textualmente «la ACP se disolvió en el mes de febrero», en calquera caso é irrelevante. A min non me molestan en absoluto as súas notas, non se crea tan importante. Pero a mesma liberdade que ten vostede para facelas téñoa eu para opinar sobre elas e reitérome en que son notas absurdas.

Luis Sabariz · 7-05-2015 a las 15:16

Naturalmente que calquera pode opinar sobre as miñas notas e sobre o ocorrido en 2007 en canto á elección da anterior alcaldesa. Eu xa din as explicacións do que fixemos daquela moitísimas veces. E, por certo, no período 2007/2011 non houbo o desastre que algúns anunciaban e desexaban. Houbo unha xestión máis que aceptable, con moitos logros que aí quedaron para beneficio do pobo. Non son imparcial, claro, pero para min bastante mellor xestión que a destes catro anos que rematan.

    Ingelheim · 7-05-2015 a las 16:22

    O que se fixo no 2007/2011 foi facer unhas culumnas para suxeitar a casa de certa persona e despois outra persoa do goberno saltouse os plans urbanísticos.Aplausos para ti

outro · 7-05-2015 a las 17:25

Seica dasme a razón no motivo principal do meu comentario. A nota de prensa non é moi exacta. Porque a día de hoxe en Pontecesures non se poder afirmar rotundamente que vai cambiar o alcalde. Cando dis «Si ben é certo que en política pode pasar de todo, e diso sabemos moito en Pontecesures, tamén é certo que é o menos probable.»
Pois a iso me refería, máis ou menos probable, pero a posibilidade, por remota que sexa está ahí.
E por certo, e agora referíndome máis a Angueira que a nota de prensa, que era realmente ao que eu me refería antes ¿qué fará Angueira se o BNG acada 5 concelleiros ou máis? ¿toma posesión? Penso que lin nalgún sitio manifestacións súas de que rematara o seu ciclo e que lle ía adicar tempo a familia (moi respetable, sen dúbida). Pero entendo eu que para iso mellor ir pechando a lista, non no 5 nin no 7 ¿ou é que no BNG xa desbotan a posibilidade de acadar eses 5?

Luis Sabariz · 7-05-2015 a las 17:25

Non te enfades, que a xestión 2007/2011 foi moito mellor que a destes últimos catro anos. A obra para impedir que o regato da Chancela seguira causando danos a vivendas en Infesta (unha delas da anterior alcaldesa) non foi para suxeitar a casa de ninguén, nin afectou as paredes ou ás cimentacións. No seu día déronse todo tipo de explicacións nos medios e no pleno. Foi unha obra da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e quedou moi claro o proxecto, a dirección de obra, a adxudicación, o orzamento, o contratista, as certificacións de obra, etc..Por certo, aprobouse a actuación, que só afectou ao dominio público, cando gobernaba o bipartito na Xunta e o xefe territorial de infraestruturas de Medio Rural era do BNG. Encabeza agora a lista nacionalista en Moraña. Vai alí e pregúntalle que é moi boa persoa.
Do outro asunto que comentas dín todo tipo de explicacións. Chámame e falamos, con documentos na man, do PXOM das Normas Subsidiarias anteriores, de licenzas, de liñas, de cesións, de servizos urbanísticos, de normativa urbanística, etc…
Non nos veñas con asuntos rancios, a xestión 2007/2011 foi bastantee máis que aceptable.

    Ingelheim · 7-05-2015 a las 19:50

    asunto rancio é lanzar acusacións falsas durante 8 anos.E insisto no das columnas porque creo que é inxustificable

Luis Sabariz · 7-05-2015 a las 20:43

Sobre as acusacións ven falar conmigo e así tratamos o tema, pero coa documentación xustificativa na man. Sobre a obra das columnas podes consultar o expediente de contratación en Medio Rural en Pontevedra (edificio da Xunta na Avda. Fernández Ladreda) ou ir falar co candidato á alcaldía polo BNG en Moraña, antigo xefe provincial de infraestruturas en Pontevedra de Medio Rural co goberno bipartito da Xunta de Galicia. Contanos despois o que pensas logo de ver a documentación, ou de falar en Moraña.

    pesado · 7-05-2015 a las 22:34

    Mima Saba, vaia tono máis amenazante usas últimamente…

Luis Sabariz · 7-05-2015 a las 22:58

¿Amenazante, yo?. Jamás lo fui, eso no va conmigo. Bueno, esta conversación ya está derivando en un «chat» fuera del tema de la entrada y que no aporta nada.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.